Muller Arousa
Xornada transversal de participación cidadá
Actualizado: 1 dic 2021
O próximo sábado 4 de decembro ás 9:30 no espazo multiusos do auditorio municipal (1º andar) da Illa de Arousa, vaise celebrar unha xornada transversal de participación cidadá.
Esta actividade será aberta para todas e todos có obxectivo de dar os primeiros pasos da Axenda Local 2030. A xornada xa estaba prevista para marzo de 2020, pero coa irrupción da pandemia tivo que ser aprazada.
DECIDAMOS O NOSO FUTURO, as illas son territorios máis sensibles ós efectos do cambio climático polo que cómpre prepararnos. Fai anos que A Illa de Arousa iniciou un proceso de reflexión na procura dun modelo enerxético máis limpo e sostible, a través da posta en marcha de determinadas actuacións en diferentes espazos, tempos e con múltiples axentes, co obxectivo último de preservar o medioambiente e mellorar a calidade de vida das persoas. Ese proceso deu paso á redación da Axenda Local 2030, onde se recollen os proxectos e actuacións propostas durante as xornadas sectoriais, estructurándose en seis piares esenciais para a descarbonización. Con dinámicas de traballo en equipo, nesta xornada seleccionaranse algunhas iniciativas recollidas na Axenda Local 2030, realizando unha análise dunha posible implementación en sectores tan esenciais como: - O mar - A Educación - A Construción e Rehabilitación. - A Hostalería e Turismo. - O Papel da Muller na Transición.
SÁBADO 4 de Decembro de 9:30h a13:30h.
· Invitación a un almorzo enerxético.
· Aforo máximo 25 persoas.
Onde?
· 1ºandar do Multiúsos do Auditorio Municipal do Concello da Illa de Arousa.
Actividade mixta e gratuíta.
Xornadas abertas ata completar aforo por orde de chegada
(Medidas covid).

Xornada promovida dende a Concellaría de Muller da Illa de Arousa, en colaboración coa Asociación Arousa en Transición. Esta actividade está encadrada no I Plan de Igualdade Municipal e financiada pola Deputación de Pontevedra.
Imparte: Arousa en Transición
Organiza: Xeneme Innovación Social
Máis info: www.arousaentransicion.gal
#Descarbonización #EnerxíasRenovables #ComunidadesEnerxéticas #CleanEnergyForEUIslands #ConservaciónDosValoresNaturais #MullerEEnerxía