top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

VIANDAINA O Bao-Carreirón

O domingo 28 de novembro na Illa de Arousa camiñamos... contra a violencia de xénero.

O Domingo 28 de Novembro recuperamos na Illa unha das actividades máis saudables, a andaina contra a violencia de xénero, como se fixo en anos anteriores, cun percorrido de aproximadamente 7 km.


Onde é?

Terá lugar na zona sur do Concello da Illa de Arousa. Consiste nun percorrido dende o Bao (edificio náutico) ata Carreirón, percorrendo Carreirón, parando para unha sesión de tonificación, regresando ao Bao (edificio náutico) e rematando con estiramentos musculares.


A saida é o domingo 28 de novembro ás 10:30h desde O Bao (edificio naútico).


Actividade gratuíta para maiores de 18 anos.

Inscrición aberta no 2º andar do Concello da Illa de Arousa até o 24 de novembro.

 

Tanto o percorrido como a sesión de tonificación correrán a cargo dos monitores da Fundación Deportiva da Illa de Arousa (María Paredes, Ramón Regueira e Paula Oubiña).

7 visualizaciones0 comentarios
bottom of page