top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

Traballos do futuro

Ponte ao día das tecnoloxías que estarán nos traballos do futuro. Unhas xornadas prácticas para subirse ao tren das demandas tecnolóxicas do mercado laboral.


As regras do mercado laboral xa estaban a mudar antes da pandemia, pero esta acelerou o cambio e permitiu a incorporación de novas regras e ideas. Revisar, analizar e comprender estas regras son básicas para poder desenvolverse nun mercado laboral cambiante.


O obxectivo é valorar os camiños a seguir para non quedarse atrás no mercado laboral.


Estas xornadas son para ti se:

  • Queres poñerte ao día do que necesita o mercado laboral.

  • Queres saber por onde comezar a actualizarte.

  • Non atopas traballo e non sabes por onde camiñar.

  • Queres coller o tren dos traballos que haberá no futuro na Arousa.

  • Sónanche os nomes das novas tecnoloxías pero nunca afondaches nelas.

LUNS 29 de Novembro ás 18:00h.

Cales son as tecnoloxías que están a transformar o mundo e como nos van afectar na Arousa.

Falaremos de big data e intelixencia artificial, IoT e 5G, de cryptomoedas e blockchain, de ciberseguridade.


MÉRCORES 1 de Decembro ás 18:00h.

Como van a ser os traballos do futuro?

As tecnoloxías están a cambiar todos os traballos. Como serán as novas profesións e como evolucionarán os traballos na Arousa.


Onde?

Salón de plenos do Concello da Illa de Arousa


Actividade mixta.

Xornadas abertas até completar aforo.

Gratuíto.

Medidas covid.

 

Curso lanzado desde a Concellaría de Muller da Illa de Arousa, coa financiación da Deputación de Pontevedra. Actividade encadrada no I Plan de Igualdade Municipal.

 

Imparte Xeneme Innovación Social

16 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page