Muller Arousa
Obradoiro de percursión e pasarúas de SOMDOLILÁ a Batucada Feminista
8M TODOS OS DÍAS
🟣 Este sábado 5 de marzo a agrupación SOMDOLILÁ realizará un obradoiro de percusión e un pasarúas no Concello da Illa de Arousa.

🟪 Ás 10h da mañá do sábado comezará o obradoiro de percursión que se realizará na Praza do Concello.
Aforo limitado a 15 prazas.
🟣 Ás 13h celebraremos un pasarúas que iniciaremos desde a Praza do Concello, pasando polo cruceiro da rúa Ribeira do Chazo, o miradoiro do Cantiño e rematando no Porto do Xufre.
⬇️⬇️ Podes facer a inscrición aquí debaixo ⬇️⬇️
🟣 SOMDOLILÁ son unha batucada feminista de mulleres que usan a música como ferramenta de sororidade, alegría e loita. Celebran ocupando o espazo sonoro e recuperando a memoria das que com-bateron antes ca nós.
O espectáculo de Somdolilá ten influencias dos blocos afro do carnaval de Salvador de Bahía. Os potentes graves dos surdos combínanse coas frases vertixinosas dos repiques, que xunto coas caixas dan lugar a melodías rítmicas que non deixan indiferentes ouvidos nin corpos.
Pero non so baila o público, as coreografías das percusionistas convérteno nun espectáculo impactante tamén visualmente.