top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

5. Sair dunha situación de maltrato

Fonte: igualdade.xunta.gal


Por que a tantas mulleres lle resulta difícil saír dunha situación de violencia de xénero

O maltrato é un proceso cíclico que se inicia pouco a pouco, como un goteo de pequenos episodios que parecen insignificantes pero que non o son.


O ciclo comeza cunha primeira fase de Acumulación da tensión (agresións verbais e psíquicas) na que a vítima vai percibindo como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e encontrando motivos de conflito en cada situación.


Unha segunda fase supón o Estalido da tensión, na que a violencia se volve máis virulenta, dando cabida á agresión física.


Na terceira fase, denominada Lúa de Mel ou Arrepentimento, o agresor pide desculpas á vítima, e trata de amosar o seu arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis breve ata desaparecer.


Este ciclo, no que ao castigo (agresión) séguelle o episodio de arrepentimento ("non volverá ocorrer", "todo cambiará"...) alimenta a ilusión do cambio. Isto pode axudar a explicar a continuidade da relación por parte da muller nos primeiros momentos da mesma. Ao mesmo tempo que o agresor amosa o seu arrepentimento, pode ocorrer que simultaneamente escuse a súa conduta culpabilizando á vítima (se ti non fixeras ... eu non o faría ) de modo que a muller acaba dubidando de calquera cousa que fai ou pensa; en definitiva, acaba dubidando dela mesma.


Lembra que...

  • Estás sendo vítima dun maltrato, ti non es responsable.

  • O uso da violencia nunca está xustificado.

  • Estas agresións repetiranse e agravaranse co tempo.

  • Non estás sola. Podes contar coa axuda de especialistas.

Non é verdade que...

  • Ás mulleres gústalle o abuso senón marcharían.

  • O maltrato ás mulleres é algo raro e illado.

  • Acontece en familias de baixos ingresos e etnias.

  • Non hai maneira de romper coas relacións abusivas.

  • Homes adictos ás drogas, parados, con estrés no traballo… son violentos como efecto da súa situación persoal.

  • A violencia dentro da casa é un asunto da familia que non debe de saír fóra.

  • Cando unha muller di ‘non’ quere dicir ‘si’.

  • Os homes son de natureza violenta.

  • O home maltrata porque é un enfermo ou un tolo.

  • Maltratan porque perden o control.

  • Os homes maltratadores fano a consecuencia de teren sufrido malos tratos na infancia.

4 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page