top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

Retratos das mulleres da Illa de Arousa

Realizamos un curso de iniciación á fotografía para mulleres na Illa de Arousa.


Un curso moi práctico onde o obxectivo foi que cada persoa atopase o seu tipo de fotografía, e que se adaptase aos seus gustos, habilidades e posbilidades.


Non importaba o nivel, tratouse de xuntar a persoas que quixeran desfrutar da fotografía.


Impartido por Romina Portela, o curso tivo unha gran aceptación entre as persoas asistentes que valoraron de forma positiva a experiencia.

Este curso forma parte dos traballos que realizamos na Concellaría de Muller en prol da integración da muller da Illa de Arousa en todos os ámbitos, neste caso no artístico-tecnolóxico, para dotar de oportunidades de desfrute de actividades onde o home sempre foi máis protagonista.

33 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page