top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

6. Recuperación das vítimas

Fonte: igualdade.xunta.gal


Tratamento para a recuperación das vítimas

É habitual que ata que a muller tome a decisión definitiva de saír dunha relación violenta, pase por un período de reflexión e incluso manifeste varias tentativas. Durante este proceso quizais xa solicite axuda terapéutica, ou non.


A partires da súa decisión de romper coa situación de violencia, o apoio psicolóxico centrarase en varios aspectos, partindo sempre dunha valoración previa das necesidades e demandas particulares de cada muller. Determinadas cales son as secuelas concretas produto da situación vivida, avaliarase a súa dimensión e graduaranse para establecer unha orden para o tratamento.


Algunhas das intervencións máis habituais e básicas para a súa recuperación son:

  • Información sobre a violencia de xénero, causas, orixe, mitos, etc.

  • Redución da activación e da ansiedade nas formas en que se manifeste (insomnio, agorafobia, crises de pánico, etc).

  • Fomento da autonomía, tanto a nivel psicolóxico, a través dun cambio de ideas distorsionadas sobre ela mesma e o mundo, como a nivel social, económico, etc, orientándoa na procura de emprego, recuperando apoios sociais e familiares...

9 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page