top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

A Illa de Arousa con #OrgulloLGTBIQ+🏳️‍🌈

No mes de Xuño se celebra o Orgullo LGTBIQ+ para conmemorar o día 28, Día Internacional do Orgullo.


Desde a Concellaría de Muller da Illa de Arousa, dirixida Salomé Franco, elaboramos esta guía para comprender as orixes, termos e características desta celebración.


A Illa de Arousa con #OrgulloLGTBIQA+🏳️‍🌈


Foto de Mercedes Mehling en Unsplash
Desfile do Orgullo LGTBIQ+ en Portland (EEUU)

Un pouco de historia


Madrugada do 28 de xuño de 1969, Pub Stonewall Inn, no barrio Greenwich Village de Nova York, EEUU. Unha redada policial neste pub tivo como resposta disturbios e grandes manifestacións por parte da comunidade LGTBIQ+, que farta de sufrir acoso durante anos por parte das autoridades, estalou en disturbios nas veciñanzas que se prolongaron durante tres días. Este hito é considerado unha revolución e por iso ese día se celebra o Día Internacional do Orgullo.


O termo Orgullo ("Pride" en inglés) atribúeselle a Brenda Howard, unha activista bisexual de Nova York alcumada a «Nai do Orgullo», quen organizou o primeiro desfile do Orgullo para conmemorar o primeiro aniversario do levantamento de Stonewall.


Fonte: CNN

— Fotografías: Fred W. McDarrah; editor de fotografía: Brett Roegiers de CNN



Pero que significa LGTBIQ+?


LGTBIQ+ son as siglas que designan Lesbiana, Gai, Trans, Bisexual, Intersexual, Queer e o "+" para incluir calquera outra identidade non representada.


Este termo evolucionou ao longo dos anos, comezando nos anos 90 como LGB, para ir ampliando a acollendo todas as identidades existentes.


A continuación detallamos un glosario con diferentes termos e definicións:


  • Axénero: Persoas que rexeitan un xénero porque non se identifican con ningún.

  • Andróxino: Que ten trazos que non se corresponden cos característicos para cada sexo.

  • Asexual: Que ten falta de desexo sexual, desinterese.

  • Bifobia: Discriminación cara ás persoas bisexuais ou negación da súa existencia.

  • Binarismo de xénero: Crenza de que só existen o xénero feminino e o masculino e que deben coincidir co seu sexo biolóxico.

  • Bisexual: Que sente atracción por persoas do seu propio sexo e de calquera outro (suponse que inclúe ás persoas transexuais)

  • Cisxénero: Que se identifica co seu sexo biolóxico.

  • Cisnormatividade: Crenza de que todas as persoas deben identificarse co xénero que marca o seu sexo ao nacer.

  • Demisexual: Que sente atracción sexual só se hai vínculo afectivo.

  • Drag Queen/King: Persoas que adoptan trazos e vestimentas típicas do outro xénero, seguindo estereotipos esaxerados.

  • Xénero fluído: Identificación con ambos os xéneros, simultánea ou alternadamente. Poden cambiar de identidade segundo o contexto.

  • Heteronormatividade: Sistema que marxina a quen estea fóra dos ideais da heterosexualidade, a monogamia e a conformidade coa súa identidade de xénero.

  • Interxénero (genderqueer): Que non se considera home ou muller, senón unha mestura de xéneros.

  • Intersexual: Que naceu con xenitais ambiguos (micropene, vulva pero non ovarios…) ou que non se axustan ao establecido como “feminino” e “masculino”.

  • Non binario: Que non se identifica totalmente co xénero feminino ou o masculino ou con ningún.

  • Pansexual: Que sente atracción por outras persoas, independentemente do seu sexo ou identidade de xénero (feminino, masculino, non binario…)

  • Poliamoroso: Que ama a varias persoas á vez, de maneira consensuada e ética.

  • Polisexual: Entre bisexual e pansexual. Sente atracción por máis dun xénero ou sexo, pero non por todos.

  • Queer: Identidade de sexo e de xénero diferente aos dominantes.

  • Straight: Heteronormativo.

  • Transexual: Non se identifican co seu sexo biolóxico, senón co xénero oposto.

  • Transxénero: Non se identifican co seu xénero (en convencionalismos como a roupa, o peiteado, os xestos…) senón co oposto.

  • Travesti: Que viste con roupa típica do outro xénero, aínda que quen o fai se enta cómodo co seu sexo.


Pero de onde ven a bandeira do arco da vella?


"En 1978, o supervisor da cidade de San Francisco, Harvey Milk, un dos primeiros funcionarios electos abertamente homosexuais en Estados Unidos, encargou ao artista e deseñador Gilbert Baker que fixese unha bandeira para as celebracións do Orgullo na cidade. Baker, un destacado activista polos dereitos dos homosexuais, fixo unha chiscadela ás franxas da bandeira estadounidense, pero inspirouse no arco da vella para reflexar os moitos grupos dentro da comunidade gai.


Fonte: CNN


Un subconxunto de bandeiras representa outras sexualidades e identidades, como bisexual, pansexual e asexual:

Bandeiras do orgullo
Bandeiras do orgullo

Fonte: Más De Cultura


Desde o 6 de xullo de 2018, en España recoñécese esta celebración como "Día Nacional do Orgullo Gai"


 

Referencias e artigos relacionados para ampliar información:


Onde nace o Día Internacional do Orgullo

Os primeiros anos de marcha do Orgullo

Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans y Bisexuales

Banderas del Orgullo

Información sobre el mes del Orgullo

Wikipedia

Conta de Twitter de LGTB News

Definicións de LGTBIQ+

Entrevista a persoas LGTBIQ+

28 de xuño, día nacional do Orgullo Gay





70 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page