Muller Arousa
Obradoiro de serigrafía textil
Actividades creativas para traballar as mensaxes contra a violencia de xénero.
Obradoiro lanzado desde a Concellaría de Muller da Illa de Arousa, coa financiación da Deputación de Pontevedra. Actividade encadrada no I Plan de Igualdade Municipal.

A serigrafía é unha técnica de impresión, consistente na reprodución de documentos e imaxes sobre case todos os materiais mediante a transferencia de tinta a través dunha gasa.
Neste obradoiro especial enmarcado dentro do programa de igualdade da Illa de Arousa, aprenderás todo o proceso de creación dunha serigrafía, desde a ideación, as tintas, o insolado e a estampación, así como os coidados que precisan as tintas, como fabricar unha insoladora e onde atopar todos os materiais para seguir experimentando na casa.
Na primeira parte do obradoiro faremos unha dinámica creativa e aprenderás unha das técnicas manuais que se usan para preparar os fotolitos.
Na segunda parte do obradoiro estamparás a mensaxe de "para chula mi parrula" nunha totebag que te levarás a casa de agasallo xunto co fotolito creado na primeira parte.
Data: Sábado 27 novembro
GRUPO 1 : 16:00 a 18:00
GRUPO 2: 18:00 a 20:00
Prazas limitadas (8 por grupo).
Espazo: La Platanera. Rúa Castriños 4, Illa de Arousa.
Actividade mixta para persoas adultas.
Inscríbete nas oficinas do Concello ou chamando ao 986 527 080 antes do 26 de novembro.
Inscrición gratuíta.
Medidas covid.
Imparte: La Platanera
Coordinación: Xeneme Innovación Social