Muller Arousa
O papel da muller na tecnoloxía
A tecnoloxía e ferramentas dixitais están cada día máis dentro da nosa vida. A pandemia non fixo máis que acelerar un proceso de cambio que estaba pensado para ser máis lento, que nos afectou a todas as persoas en gran medida mais que tamén provocou un aumento da fenda dixital das mulleres, e en concreto das mulleres de máis idade.
O machismo estrutural que sufrimos a sociedade derivou nun menor ou case nulo achegamento das mulleres aos cambios tecnolóxicos ao mesmo tempo e profundidade que realizaron os homes.
As mulleres de maior idade sufriron ter que ser elas quen se encargaban dos coidados das fillas, do coidado da casa, do coidado de familiares, da horta e en moitos casos tamén de traballos como pode ser o marisqueo.
Moitas mulleres se sinten perdidas cos novos teléfonos, coas posibilidades de internet, cos novos aparellos tecnolóxicos e coas ferramentas que non tiveron oportunidade de aprender.
É por todo isto, que realizamos o "Curso de tecnoloxía para mulleres" na Illa de Arousa, para traballar en reducir a fenda dixital nas mulleres do concello. Tratáronse temas como a busca de información, como comunicarse, creación de contidos, a seguridade, a protección e a resolución de problemas.
Mulleres da Illa de Arousa aprendendo, mellorando, compartindo, practicando e creando contidos dixitais coas novas tecnoloxías.