Muller Arousa
A Illa de Arousa referente estatal na prevención da violencia de xénero
O repositorio de boas prácticas financiadas cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero inclúe a campaña de sensibilización da Illa do ano 2019.
A delegación do Goberno de España contra a violencia de xénero, pertencente ao ministerio de igualdade, inclúe na súa web a campaña de sensibilización e prevención de calquera violencia contra a muller feita na Illa de Arousa en 2019, no repositorio de boas prácticas financiadas cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Esta campaña incluída como boa práctica, forma parte dos traballos que realiza a Concellería de Muller da Illa de Arousa, dirixida por Salomé Franco, que desde hai varios anos ven desenvolvendo proxectos e actividades enfocadas á muller xestionadas pola empresa Xeneme.
O material incluído como boa práctica é un folleto feito por Xeneme en 2019 que formaba parte dunha campaña gráfica de sensibilización e información sobre violencia de xénero contra a muller, a parte de organizar nun obradoiro de autodefensa que impartiu o policía nacional D. José Rosales.
Elaboración: Xeneme
O repositorio de boas prácticas pódese consultar na web do ministerio.
E aquí pódese ver o folleto da Illa incluído como boa práctica.
Nesta páxina web da Concellería de Muller, mullerarousa.org pódese consultar o I Plan de Igualdade da Illa de Arousa, que foi o inicio do plan de acción de proxectos para muller.
Dirixe: Concellería de Muller da Illa de Arousa.
Organiza: Xeneme Innovación Social