Muller Arousa
Exposición de cianotipias
As cianotipias feitas no obradoiro creativo realizado en xuño, que foi impartido por La Platanera, serán expostas no Concello da Illa de Arousa durante a semana de actividades co gallo do 25-N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
A exposición de cianotipias coas mensaxes contra a violencia de xénero serán expostas no Concello da Illa de Arousa. A entrada é libre e gratuíta durante o horario de apertura ao público do Concello.
De onde ven a exposición?
En Xuño, celebramos na Illa un obradoiro de cianotipia, unha técnica fotográfica do s.XIX, impartido por La Platanera.

Cartel do obradoiro feito en xuño de 2021.
O obxectivo desde obradoiro foi a construción de mensaxes contra a violencia de xénero por parte das persoas participantes a partires dun proceso creativo que constou de dúas dinámicas.
Por unha banda cada participante creou unha postal cunha mensaxe máis libre ou poética a través da cianotipia; a segunda parte do obradoiro foi destinada a idear entre todas diferentes mensaxes visuais ligadas á visibilización da muller, a igualdade e contra a violencia de xénero.
Este obradoiro foi impartido por La Platanera coa coordinación de Xeneme Innovación Social