Muller Arousa
Curso práctico de tecnoloxía para mulleres - Edición 2022
Actualizado: 3 mar 2022
Nova edición deste curso práctico de tecnoloxía dirixido a mulleres para comprender e usar as ferramentas dixitais que tes ao alcance da túa man.
Curso lanzado desde a Concellaría de Muller da Illa de Arousa, coa financiación da Deputación de Pontevedra. Actividade encadrada no I Plan de Igualdade Municipal.
Este curso é para ti se:
Tes un móbil pero precisas axuda para usalo mellor.
Tes que preguntarlle sempre a alguén para que che solucione dúbidas do teléfono.
Sabes que o teu móbil ten moitas opcións pero sénteste bloqueada para usalo.
Queres mellorar as túas habilidades para que o móbil che sexa útil no día a día.
Queres estar á última dos usos e posibilidades que ten o teu teléfono.

Neste curso aprenderás de forma práctica e sinxela todo o relacionado cos móbiles e ferramentas dixitais que tes na casa. Unha oportunidade para poñerte ao día coa tecnoloxía e preguntar todas esas dúbidas que che xeran os aparellos electrónicos.
Trataranse temas como a busca de información, como comunicarse, creación de contidos, a seguridade, a protección e a resolución de problemas. Todo isto desde unha visión moi práctica onde aprender mentres vas facendo cousas.
O curso consta de 5 clases.
Os XOVES desde o 10 de marzo até o 7 de abril.
De 18:00h a 20:00h.
Na aula de informática (Auditorio). Concello da Illa de Arousa.
Inscríbete nas oficinas do Concello ou chamando ao 986 527 080 antes do 9 de marzo.
Prazas limitadas (14 por grupo).
Inscrición gratuíta.
Medidas covid.
Imparte: XENEME Innovación Social