Muller Arousa
Curso práctico de tecnoloxía para mulleres
Un curso práctico de tecnoloxía dirixido a mulleres para comprender e usar as ferramentas dixitais que tes ao alcance da túa man.
Curso lanzado desde a Concellaría de Muller da Illa de Arousa, coa financiación da Deputación de Pontevedra. Actividade encadrada no I Plan de Igualdade Municipal.
Este curso é para ti se:
Tes un móbil pero precisas axuda para usalo mellor.
Tes que preguntarlle sempre a alguén para que che solucione dúbidas do teléfono.
Sabes que o teu móbil ten moitas opcións pero sénteste bloqueada para usalo.
Queres mellorar as túas habilidades para que o móbil che sexa útil no día a día.
Queres estar á última dos usos e posibilidades que ten o teu teléfono.

Neste curso aprenderás de forma práctica e sinxela todo o relacionado cos móbiles e ferramentas dixitais que tes na casa. Unha oportunidade para poñerte ao día coa tecnoloxía e preguntar todas esas dúbidas que che xeran os aparellos electrónicos.
Trataranse temas como a busca de información, como comunicarse, creación de contidos, a seguridade, a protección e a resolución de problemas. Todo isto desde unha visión moi práctica onde aprender mentres vas facendo cousas.
O curso consta de 5 clases.
Os XOVES desde o 11 de novembro até o 9 de decembro.
Haberá 2 grupos; un de 16:00-18:00 e outro de 18:30-20:30.
Na aula de informática (Auditorio). Concello da Illa de Arousa.
Inscríbete nas oficinas do Concello ou chamando ao 986 527 080 antes do 10 de novembro.
Prazas limitadas (14 por grupo).
Inscrición gratuíta.
Medidas covid.
Imparte: XENEME Innovación Social