top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

Enérxica condena aos recentes casos de agresións sexuais

Nas últimas semanas estamos sendo testemuñas no noso país dunha onda de casos de agresións sexuais, violacións colectivas e violencias machistas. Non podemos non dar a nosa enérxica condena ante tales acontecementos e seguir traballando e loitando para que esta lacra remate.


Unha das peores noticias que deixan estes casos é o aumento de casos entre a xente máis moza. Nas agresións máis recente están involucrados mozos adolescentes, que segundo un estudo recente da FaD Juventud, están incorporando unha mensaxe negacionista da violencia de xénero.


"Hai un 20% de mozos entre 15 e 29 anos que negan a existencia e cualifican a violencia de xénero como un invento ideolóxico." afirma FaD.


Na Illa de Arousa lamentamos profundamente que este discurso cale na mocidade e seguiremos loitando contra a violencia de xénero e traballando na prevención da mesma.


O 8M é tódolos días!


Compartimos algunhas das novas sobre o aumento de casos de agresións sexuais:



Por desgraza, estas novas son moi habituais e deixan moi claro o enorme problema que sofre a sociedade, e deixa patente a necesidade de loitar todas para erradicar a violencia machista.


Segundo a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero A día 22 de maio de 2022 son 15 mulleres asasinadas, e 1145 desde 2003.



3 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page