Muller Arousa
9. Acreditar unha situación de violencia de xénero
Fonte: igualdade.xunta.gal
Como se acredita unha situación de violencia de xénero
Para os efectos da Lei 11/2007, galega para prevención e tratamento integral da violencia de xénero, a situación de violencia acreditarase por calquera das seguintes formas:
Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración publica autonómica ou local.
Certificación dos servizos de acollida da Administración publica autonómica ou local.
Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
Calquera outra que se estableza regulamentariamente.