top of page
  • Foto del escritorMuller Arousa

A muller e o mar

Cando falamos de "mullerarousa", o nome da páxina web da Concellaría de Muller da Illa de Arousa, normalmente asóciase ao papel de mulleres do mar pola enorme cantidade de mulleres da Illa de Arousa que se dedican ou dedicaron ao sector pesqueiro.

Foto ©️ de Lavandeira JR (Efe)

O dano que provoca e provocou o machismo estrutural da sociedade faise visible en comentarios que se poden escoitar como o de "O teu é un traballiño", que non deixa de ser un reflexo do menosprezo que levan sufrindo décadas as mulleres do mar. Unha violencia contra a muller que se reflexa na visión de que o marisqueo non é un "traballo", casualmente asociado a mulleres e non a homes como a pesca.


Na enorme maioría dos casos as mulleres mariscadoras compaxinan o seu traballo co coidado da casa, das fillas, da familia e de toda a carga mental e psicolóxica que iso supón. Algo que, sen quitarlle valor ao traballo dos homes do mar, demostra que se está aínda lonxe da igualdade que procuramos.

Foto ©️ de Miguel Muñiz

Na Illa de Arousa temos o compromiso de seguir traballando e loitando por esta igualdade e por previr todos os tipos de violencia contra a muller, e de seguir aportando axuda, recursos, formacións, obradoiros, actividades e espazos seguros para poñer en valor ás mulleres da Illa de Arousa e ás mulleres do mar.


Neste ámbito, compartimos a información da asociación "Mulleres Salgadas", a primeira e única asociación de ámbito autonómico galego de mulleres do sector pesqueiro. A mesma naceu en 2016 co nome de “Asociación de Mulleres do Mar de Arousa” no ámbito da ría de Arousa.


Moitas mulleres do mar da Illa da Arousa forman parte desta asociación. Deixamos a ligazón á sú páxina web.



 

Algunhas noticias sobre as mulleres do mar da Illa de Arousa

Diario de Pontevedra

ABC

Faro de Vigo

CRTVG

17 visualizaciones0 comentarios

Entradas relacionadas

Ver todo
bottom of page