I Plan de Igualdade de Oportunidades de A Illa de Arousa 2018-2021
Un Plan concreta nun tempo determinado unha Política Local de Igualdade que pon en marcha un proceso de traballo, así como recursos económicos e humanos. Isto quere dicir que se adquiren compromisos para cambiar a realidade de desigualdade entre mulleres e homes no concello.
Parece obvio que un Plan Local de Igualdade debe ser útil para camiñar cara a un futuro onde o sexo dunha persoa non predetermine que pode ou non pode facer, que pode ou non pode ter, en definitiva, cal é o seu papel social. Por tanto, un Plan de Igualdade ha de servir para provocar cambios na realidade.
Como o punto de partida é que existen desigualdades porque a homes e mulleres adxudicáronselles papeis diferentes na sociedade, o principal criterio é aplicar a perspectiva de xénero a todo o traballo que se realice. É dicir, analizar, facer visibles e actuar en concreto, neste municipio, sobre as causas da diferenza de roles, as súas consecuencias e como construír unha nova cultura á vez que se abordan os problemas e inxustizas de todo iso.
Con este I PIOM asumimos o reto de enfocar un traballo consciente, constante e transversal que pretendemos marque o inicio de grandes cambios e melloras na nosa comunidade.
Salomé Franco Charlín
Concelleira de Familia, Muller e Xuventude.
Carlos Iglesias Cores
Alcalde de A Illa de Arousa
